Anova constitúese na comarca do Umia

Anova constituíse definitivamente na comarca do Umia o pasado sábado nunha asemblea aberta celebrada na Casa da Cultura de Cuntis. A asemblea aprobou un modelo organizativo interno que reflexa unha horizontalidade plena, reducindo os cargos e as responsabilidades aos mínimos imprescindibles para o funcionamento ordinario: elixíronse as areas de organización, comunicación e finanzas. De mesmo xeito, produciuse un interesante e produtivo debate sobre os asuntos previstos na orde do día. Seguir lendo