Asemblea comarcal aberta: martes 2 ás nove da noite en Caldas

Este vindeiro martes, 2 de abril, ás nove da noite, celebraremos asemblea comarcal de Anova Umia en Caldas. Será no local do Mercantil (Rúa Pasionistas) e coma sempre, aberta. A orde do día que trataremos será a seguinte: Seguir lendo

Advertisements

O Parlamento coñecerá o abandono do encoro do Umia

O pasado venres estivo con nós o deputado Antón Sánchez. Trasladámoslle a situación actual do encoro do Umia e toda a súa historia de despropósitos, unha historia que está a piques de cumprir os doce anos dende a súa coroación: o peche definitivo das comportas. Nós entendemos o traballo parlamentar como o resultado final do traballo comarcal, sendo os deputados os transmisores da vontade popular a expresar no Parlamento. Deste xeito tamén o entenden os deputados e deputadas de Anova, que fan por coñecer os problemas reais en cada recanto do País para visibilizalos nese escenario que semella inaccesible para a xente do común. Seguir lendo

Na defensa da sanidade pública: venres 15 ás 20:30 en Caldas

A ofensiva dos estafadores que nos afogan ten no seu punto de mira un sector fundamental para o noso modelo social: a sanidade pública. Supón un apetecible negocio que nos encamiña a converternos en clientes, no canto de sermos pacientes. O Goberno de Feijóo está a ser un gran valedor para estes nosos inimigos. Temos a oportunidade de coñecermos un pouco máis a situación de alto risco na que se atopa a Sanidade Pública, con rigor e compromiso, este venres día 15, ás oito e media do serán no Auditorio Municipal de Caldas. Da man da Plataforma SOS Sanidade Pública contaremos coa presenza do Doutor Xosé Emilio Santiago, que nos informará tamén da gran manifestación do vindeiro 21 de marzo en Pontevedra, pola defensa da sanidade pública! Seguir lendo

Acto informativo con SOS Sanidade pública: Caldas, 15 de marzo

Anova Umia participará xunto a outras formacións políticas e coa plataforma SOS Sanidade Pública na charla informativa que se celebrará o vindeiro venres día 15 en Caldas, no Auditorio Municipal ás 20:30 hrs, a respecto da situación e das ameazas que sofre o sistema sanitario público. Será un acto no que un médico da citada plataforma explicará polo miúdo cal é a situación neste eido fronte á ofensiva devastadora e privatizadora do Partido Popular, tanto á fronte da Xunta coma do Goberno Español. Seguir lendo

Deputados de Anova visitarán o Encoro do Umia o vindeiro venres 15

Representantes de Anova Umia mantiveron no día de onte unha xuntanza cos deputados de AGE Antón Sánchez e David Fernández para trasladarlles a situación actual dun dos principais problemas medioambientais da nosa comarca, o encoro do Umia. Durante a campaña electoral, a coalición AGE xa apostara pola demolición como única solución real para eliminar o problema de contaminación da auga encorada. Encamiñámonos cara a un novo verán sen que os responsables políticos da Xunta de Galicia ofrezan solucións nin os dos Concellos as demanden, coa contaminación da auga encorada xa establecida e agardando a que de novo as condicións climatolóxicas estivais volvan elevar os “picos” de contaminación e superen un ano máis os teitos rexistrados ata agora. O vindeiro venres, día 15, visitarán o encoro e concretaremos a presentación dunha iniciativa no Parlamento Galego Seguir lendo