O Concello de Caldas está a tempo de rectificar a desfeita da carballeira e evitar a sanción. Propostas de Anova.

A Consellaría de Medio Ambiente vén de emitir un informe no que confirma a proposta de sanción (6.001 €) ao Concello de Caldas, en base a criterios técnicos, pola tan criticada reforma da Carballeira. Deixa claro que as obras non serían autorizadas polo evidente risco de supervivencia para os carballos. Seguir lendo

Anova rexeita o malgasto de fondos públicos no inviable proxecto das Pozas da Tafona

Nunha situación social extrema, cunha gran parte da cidadanía padecendo as infames agresións dos Gobernos Español e Galego, dende Anova consideramos absolutamente inxustificable que o comportamento político non se enmarque no estrito cumprimento da legalidade. Neste sentido, o proxecto das Pozas Termais da Tafona (Caldas de Reis) é unha aberración chea de carencias recoñecidas ata polos propios redactores. Seguir lendo