As pozas da Tafona: un disparate inviable [folla informativa, xuño ’13]

Anova Umia difundiu esta fin de semana unha folla informativa pola vila de Caldas sobre o proxecto de construción dunhas pozas termais na Tafona, un proxecto tecnicamente inviable e que supón un gasto insultante en tempos nos que non están garantidos os servizos básicos e no que a maioría da poboación está a ser estafada e agredida. Todo isto agrávase sabendo que foi desviada unha partida de 24.000 euros inicialmente previstos para o imprescindible arranxo e ampliación da Gardaría Municipal. Seguir lendo

Os feitos demostran que os técnicos tiñan razón: a Carballeira de Caldas está seriamente ameazada

A teimosa realidade empeñouse en darlle a razón aos técnicos sobre o risco no que se puñan as especies da Carballeira de Caldas logo da impresentable reforma acometida nela. Se a pasada semana unha árbore caía ao chan sen motivo aparente, nos días pasados foi outro carballo o que se derrubaba do mesmo xeito, aínda que sen chegar ao chan ao quedar suspendido á súa vez sobre outro da súa beira. O que para algúns poden ser “extranos sucesos” en realidade non son máis que as consecuencias dunha agresión medioambiental sen precedentes da que advertiron os técnicos consultados por Anova, así como a propia Consellaría de Medio Ambiente, que sancionou ao Concello de Caldas pola realización da obra sen unha autorización que en ningún caso sería concedida. Seguir lendo

Repasamos a situación das burgas de Cuntis e procuramos iniciativas co deputado Antón Sánchez

Esta mañá desprazouse ata Cuntis o deputado de Anova no Parlamento Galego Antón Sánchez, exercendo deste xeito a verdadeira labor dun representante público, estando na rúa coa xente e coñecendo os problemas de primeira man. Hai escasamente tres meses, a asemblea comarcal de Anova xa tivera a visita deste mesmo deputado para informalo da situación do encoro do Umia, que fai poucas datas foi debatida en comisión parlamentar. Seguir lendo

A crónica da andaina ao Cádavo

O sábado, ás dez menos cuarto da mañá, arrincaba dos insólitos petroglifos da Laxe dos Homes a I Andaina ao Cádavo. Duas horas de marcha a través de paisaxes a cada paso menos alteradas pola man humana serviron para que os catorce membros da expedición coroasen o alto do Cádavo, o curuto máis emblemático da nosa comarca. Aos pés dos camiñantes estendeuse entón a grandiosidade destas terras, quilómetros de monte sen rasto de poboación que consagran a serra do Leixoso como un dos espazos libres de presenza humana máis largacíos do extremo Occidente galego. Ao iren erguendo a vista, os excursionistas pronunciaban nomes sen que o abraio abandonase en ningún momento as súas expresións: “Aquilo é A Illa!” “Velalí está Ribeira!” “Mirade Compostela, a cidade da Cultura” “Que pertiño se ve O Grove!” “Ei, aquilo son As Síes?” “E o de alá de atrás non é o monte Louro de Muros?Seguir lendo