POZAS DA TAFONA :O Concello de Caldas de Reis presenta proxectos contradictorios en varias administracións

superposición proxecto deputacion proxecto concello

ANOVA Umia manten a defensa dos dereitos veciñais e do publico frente os intentos de privatizacion  en Caldas este ataque contra o dereito veciñal ven de man do Concello con un proxecto arbitrario e inviable.

E insistimos na necesidade de garantizar a viabilidade dos proxectos para non malgastar os cartos de todos  en proxectos ilegais ou inviables .

O Concello de Caldas na sua fuxida cara adiante con  proxecto inviable das pozas termais elabora ata tres proxectos contradictorios:

-Proxecto “Pistas de tenis e piscinas na finca da Tafona” de data outubro de 2012 con orzamento de 192.300,59 € en proxeso de contratacion pola Deputación

Proxecto construcción de duas pozas na finca da tafona de data abril 2013 con um orzamento de 181.028,11 € adxudicado a unha empresa do que elabora a version dun “Proxecto modificado de construcción de duas pozas na finca da tafona” de data xuño de 2013 para presentar ante a Conselleria de Industria.

Aparte das contradicións o expediente municipal esta viciado de nulidade polos informes desfavorables de Secretaria,Intervención e o Arquitecto, o alcalde acapara indebidamente que corresponde tramitar o servizo de Urbanismo para ocultar o seu contido os veciños a pesares do tramite de informacion publica para a tramitación da utorización de Augas de Galicia.

A dispersión de proxectos e a elaboración de versións diferentes e datos contradictorios segun a Adminstración ante a que se presentan, demostran que estamos ante a ocultación e manipulación de datos para a captación de subvencións, xa que o único dato coincidente é o orzamento a analizar póla entidade subvencionante ou autorizante.

No proxecto presentado ante ante Augas e Galicia (exte DH.W36.41991 BOP nº 120 de 25/06/13 pax. 21) plantexa 3 pozas para augas termais: 2 pozas de 1,20 m de profundidade, e unha de 2,80 m baixo rasante para sala de instalacións que deberá ser totalmente estanco en previsión de asolagamentos.

A profundidade das pozas do anuncio de Augas de Galicia non coincide nin co proxecto orixinario de abril de 2013 que se trata do proxecto que foi adxudicado e que establecía 1,65; 1,30 e 2,80 de profundidade nin co proxecto modificado de xuño de 2013 con 2 pozas a unha profundidade de 3,70 e unha poza a profundidade de 4,30

Mentras o enunciado do anuncio publicado por Augas de Galicia fai unha decraración de intencións de que“ a sala de instalacións que deberá ser totalmente estanco en previsión de asolagamentos” o informe do guarda fluvial , a memoria do inxeñeiro e do Arquitecto deixan claro o caracter inundable dos terreos e que os proxectos non resolven o problema de inundabilidade das instalacions.

Mentres no plano do proxecto aportado a augas de Galicia aparece definido un pozo de extracción perto da beira do rio bermaña no proxecto enviado a Consellería de Industria marca a canalización de auga dende o labodoiro de auga quente e na memoria Será captada de la canalización que suministra el agua al lavadero que se encuentra próximo a la Burga. Se instalará un depósito enterrado desde la que saldrá una canalización aislada hasta la sala de instalaciones de las pozas según se indica en los planos del proyecto”

A viabilidade do proxecto necesitaria tamén a autorización da Consellería de Sanidade para o control da calidade da auga e da Conselleria de Cultura pola afección das obras do proxecto presentado ante Industria o labadoiro elemento catalogado

A velada ameaza da privatización da auga da fonte da burga.

Da documentación aportado a Consellería de Industria confirmase a vella teima do Alcalde reiteradamente reseñada na prensa de privatizar a auga da fonte pública da burga cando o aproveitemaneo consuetudinario e tres documentos confirman o caracter publico e veciñal da auga da fonte da burga:

-O documento transacional de data 22 de agosto de 1928entre o concello de Caldas e os propietarios do Balneario Davila no que entre outros contidos, no seu punto 2 establece “ …reconocen asimismo el derecho del pueblo a utilizar el agua que preocedente de la arqueta existente dentreo del cierre de perpiaño aludido ….salga naturalmente por un caño que hai en la misma, en tanto en cuanto salga por dicho caño que fue construido para uso exclusivo del pueblo”.

A sentencia 1494/2007 do Tribunal Superior de Xustiza de data 06/11/2007 dictada no recurso contencioso 8015/2002 no fundamento xurídico segundo mantén o dereito do pobo as augas que saian do caño naturalmente

– A Resolución da Consellería de Industria de data 02/04/2013 inscribe o dereito de aproveitamento do caudal para uso publico do caño derivado da arqueta da fonte da burga

Queda claro en ditos documentos que o caño é veciñal e de servizo público, polo que calquer intento de privatización da auga que sae de dito caño iria en contra do dereito veciñal xa consolidado polo uso consuetudinario.

30 de xullo de 2013

Adxuntase

Documentación sita en Augas de Galicia sobre as pozas

Alegación de Anova Umia presentada en Augas de Galicia

– Publicación de anuncio de adxudicación da obra das pozas no BOP nº 120 de data 25/06/13Publicación de anuncio de adxudicación da obra das pozas no BOP nº 120 de data 25/06/13

– Referencia a enlaces dos proxectos:

-proxecto de pista de ténis e piscinas na Tafona outubro 2012

plano proxecto Diputacion

Conseguidas do proxecto disponible na plataforma de contratación da Deputación : http://proxectos.contratacion.depo.es/Relacion%201%20proxectos%20PID/Pistas%20de%20tenis%20e%20piscinas.Caldas%20de%20Reis/

– proxecto abril 2013 obtidas no proxecto disponible na paxina web do concello de caldas: http://www.fotosweb.org/caldas/00_proyecto_pozas.pdf

– Copia plano situación proxecto modificado xuño 2013 presentado polo alcalde do concello na Conselleria de Industria.

1307 proxecto modificación pozas Industria-Copia do plano do proxecto enviado a Augas de Galicia

plano proxecto concello e Augas Galicia S-Superposición dos dous planos , o proxecto do Concello de Caldas de Reis e o proxecto da Diputación de Pontevedra.

superposición proxecto deputacion proxecto concello

Advertisements

A xuntanza do 14 de xullo

Veñen de cumprirse 82 anos da proclamación da I República Galega, o pasado 29 de xuño, e estamos ás portas do Día da Patria. En Anova Umia queremos conmemorar estas dúas datas cunha xuntanza de confraternidade aberta a toda a cidadanía, participativa e integradora. Estamos a debullar a organización e os contidos, pero podemos ir avanzando xa que será o vindeiro domingo 14 de xullo e culminará cun xantar en Casa Varela, no Rial, en Moraña.

Agardámosvos a todos e a todas. Reservade a vosa praza en anovaumia@gmail.com!

14 de xullo 2013

Non máis intervencións en zonas inundables! Sentidiño, por favor!

Anova Umia presentou alegacións á instalación de dous módulos prefabricados de madeira na zona inundable do Río Umia, en Caldas. O obxecto é a substitución de dous metálicos xa existentes e deteriorados debido precisamente ás periódicas enchentes que deberan ser tidas en conta en cada actuación das autoridades correspondentes, pero que como se pode comprobar ignoran sistematicamente. A este respecto, insistimos unha vez máis en que calquera obstáculo, fixo ou temporal, na zona inundable constitúe unha intervención ilegal que incrementaría os riscos para a seguridade de persoas e bens. Seguir lendo