Anova rexeita o malgasto e a irresponsabilidade na promoción do Aeródromo de Godos

Nos últimos días tivemos coñecemento de que a Deputación de Pontevedra estaba a investir fondos públicos e actuando na instalación privada do aeródromo de Godos. Este feito non pode cualificarse doutro xeito máis ca de impresentable e intolerable, aínda que o desprezo polas normas básicas da ética son unha característica do organismo provincial que preside Rafael Louzán. Anova considera perfectamente lexítima a promoción dun aeródromo, como non podía ser doutro xeito, pero ben distinto é que tanto Deputación como Concello malgasten cartos públicos tratando de acondicionar e/ou autorizar unha instalación que, de momento, non conta coa autorización da Axencia de Seguridade Aérea. Seguir lendo