A carballeira de Caldas, Que facer?

P1640314

Que facer? Ahí está a clave que diferencia a discursos que poden resultar parecidos , a praxe é a que revela que parte de verdade e que parte de mentira se agocha detras das palabras , sempre bonitas , do discurso.

Perante un tema que nos consideramos  problematico e que vimos denunciando reitaradamente queremos trasladar á sociedade o que creemos que hai que facer. Cremos que na solución do tema temos que implicarnos todos ,as administracións e a veciñanza no seu conxunto, para acadar as mellores solucións .Xa sabemos que duas cabezas pensan mellor ca unha , e centos mellos que ducias etc .

Nos propomos ás seguintes medidas :

1. O precintado inmediato da Carballeira de Caldas polo risco de caída de arbores.

2. A Sinalización de zonas de paso alternativo seguras para escolares e viandantes.

3. A Evacuación do centro de traballo situado na caseta da carballeira e retirada a un lugar seguro do material didáctico existente na caseta da carballeira con inventariado e coidado do mesmo.

4. A Suspensión de actividades na carballeira en tanto non se leven a cabo os estudos necesarios e se adopten as medidas de seguridade necesarias.

5. A Constitución dunha comisión de investigación sobre o proxecto e a execución das obras “MEJORA DEL PARQUE JARDIN CARBALLEIRA Y SU ENTORNO” de data setembro 2009, “PROXECTO MODIFICADO DE MELLORA DO PARQUE XARDIN CARBALLEIRA E O SEU ENTONO” de febreiro de 2010 cun orzamento por importe de 700.000 euros (uns 116.000.000 pts) e sobre os gastos feitos e anunciados para a carballeira e os criterios seguidos para facelo.

6. Que pola Consellaría de Medio Ambiente se proceda á convocatoria urxente do Comité de especies senlleiras previsto no Decreto 67/2007 de 22 de marzo para tratar sobre a problemática e solucións para a carballeira de Caldas de Reis a curto e longo prazo co maior rigor e asesoramento posibel.

7. A Constitución dunha comisión de estudo e seguimento da elaboración dos estudos proxectos e execución dos mesmos entendendo que dita comisión debe estar aberta a participación de especialistas, organizacións e colectivos cidadáns e que poida funcionar en reunións técnicas de traballo e foros  abertos e participativos

CARBALLEIRA DE CALDAS con Eduardo Penedo 12-12-2013 UN.

8. Que os políticos se absteñan de seguir exercendo a incompetencia vertendo opinións e directrices carentes de todo rigor e criterio coa intención de xustificar as seus erros e que deixen de desinformar a poboación con informacións parciais

9. Que pola Consellaría de Cultura se proceda á revisión urxente do tratamento dado á restauración levada a cabo na fonte situada xunto a ponte Bermaña despois da caída do salgueiro chorón por considerala desafortunada.

10. 0 estudo e tratamento dos chopos situados ao carón da Capela de San Roque para levar a cabo o tratamento axeitado dos mesmos e evitar riscos para as persoas e o edifico histórico-artístico.

11. Que na zona afectada pola obra do proxecto da carballeira se proceda a tomar medidas no caso dos chanzos de ferro con corte sobresaínte que xa provocaron caídas e seguen sendo unha ameaza para a seguridade dos viandantes.

12. Que por educación e respecto as persoas con mobilidade reducida e visión limitada se proceda a corrixir as obras levadas a cabo no xardín do asilo nas que tropezan os viandantes porque invaden a zona de paso peonil.

13. Que polo Colexio de Arquitectos se proceda á revisión e anulación do premio GRAN DE AREA concedido á carbalieira de Caldas con publicidade nos mesmos medios nos que se publicou a concesión.

14. Que polo colexio de Arquitectos se proceda a exercer supervisión, visado ou tutela sobre os arquitectos que están levando a cabo actuacións indebidas no conceilo de Caldas tendo en conta ademais que o arquitecto autor e informador do citado proxecto foi recontratado polo concello de novo con informe con reparos de Iegalidade

15. Que polas Consellerias competentes da Xunta de Galicia se exerza algún tipo de supervisión, seguimento, e chegado o caso, subrogación sobre os políticos do concello de Caldas que están a manter unha cadea de actuacións ilegais con evidentes prexuízos para o patrimonio cultural, o interese xera| e o erario público xa que os cidadáns non temes os medios, nin o tempo, nin a capacidade para frear tanta desfeita.

16.Agardamos que o Concello de Caidas e Xunta de Galicia se cheguen a coordinar e a adoptar os acordes necesarios para o tratamento dos problemas máis graves e urxentes da carballeira, así como á adopción de medidas correctoras para que en relación cos danos producidos polo proxecto non teñamos que acudir tamén ao Ministerio de Fomento como entidade que fixo a maior achega económica ó mesmo.

 Todas istas propostas e outras consideracións, máis videos e fotos foron mandadas nun documento á Consellería de Medio ambiente , Consellería de Cultura e ó Colexio de Arquitectos de Galicia,  Protección Civil, Concello de Caldas de Reis, etc… o documento podedes leelo e descargalo premendo aqui

Advertisements