A posición de Anova Umia sobre a autorización das pozas “termais” , por nos mesmos e sen intermediarios.

1307 proxecto modificación pozas Industria

Queremos deixar clara a postura de Anova Umia diante da recente noticia sobre a autorización por parte de Augas de Galicia as chamadas “pozas de auga termal da tafona”

A política son prioridades , niso diferéncianse as diferentes opcións que existiron , existen e existiran e non en levar unha palabra como socialista ou obreiro no nome; un pode ter a prioridade de facer unha obra por capricho , ou pensando en que o turismo vai a sacar a este pobo da crise, ¿desenrolo franquista 60ś?, ou pode pensar que a prioridade debe ser intentar por tódolos medios solucionar está situación de crise pola que está atravesando a cidadanía ,facilitando que as súas necesidades básicas  se cubran , impedindo situacións de privacións e apostando polos servizos públicos de calidade.

Na historia todos podemos observar como unha e outra vez alguns dirixentes acusan a quen non está de acordo con eles con ser anti, por exemplo “antipueblo” , e todos podemos coñecer con moita facilidade que tipo de gobernantes recorreron ao longo da historia a este argumento tan profundo.

follainformativa_1Terán que dar conta os nosos gobernantes, e non quen xa explicamos sempre e en toda situación a nosa postura con respecto a este proxecto, de por que uns cartos supostamente destinados a obras prioritarias como os da deputación van destinados a obras non prioritarias e electoralistas, de porque unha mala planificación fixo non aproveitar a subvención de AGADER para atallar as consecuencias da crise en vez de obras para encher o seu ego.

Queremos por a atención en que a mesma autorización recoñece que captaran auga do lavadoiro , o que quere dicir que a auga das pozas está lonxe de ser auga termal xa que será auga residual filtrada, isto non deixa de ser un máis dos moitos enganos que ten o expediente e a tramitación desta obra ;podemos citar e demostrar como foron enviados proxectos contradictorios segundo a administración que tiña que dar un ou outro permiso ou a indefensión a que estas institucións, que deberían representar a todas as cidadáns teñen cometido contra os que non expresamos a opinión que parece ser correcta para os que dirixen estas citadas institucións.

Como xa escribimos máis dunha vez Anova Umia non estamos en contra de que o pobo , os veciños que ao final son que da a razón de ser a territorialidade ,poida desfrutar de xeito público e gratuíto dun dos recursos máis senlleiros que temos , as augas termais, agora ben as institucións publicas teñen que ser responsábeis cos cartos de todos ó planificar os proxectos e por riba de todo co máximo respecto pola legalidade , non e de recibo que as institucións sexan as primeiras que fan chanchullos e chambonadas para dar satisfacción a caprichos persoais de ninguén.

Tamén queremos sinalar unha curiosidade sobre como a corporación é vítima de si mesma e contradíse de xeito evidente ,estes mesmos que acaban de presentar unha alegacion ao perímetro de protección dos balnearios na que recoñecía de xeito expreso no punto catro “a necesidade dun novo estudio hidroxeolóxico completo, estamos deacordo como puxemos na nosa alegacion que este estudo é necesario,coa participación de todas as partes con dereitos sobre as augas mineromedicinais balnearios Dávila e Acuña para realizar conxuntamente un estudo completo” despois contradíse cando non o ve necesario para esta obra , ¿será que de verdade non o ve necesario ou e que os intereses electoralistas están por riba de todo?. Nos si creemos que sería necesario este estudo integral que amosaría a posibilidade, e viabilidade de novas captacións, que permitirían formular un proxecto viable e a escolla dun térreo que no sexa inundábel.

Os listos” non queremos pensar que outra vez os intereses electoralistas guian  as decisións da corporación ou que se guían por unha obsesión de facer o que sexa na finca da tafona aínda que iso signifique que deixar o labadeiro seco e unha ameaza de privatizacion da fonte publica e veciñal ,malgasto dos cartos de todos ou cometer ilegalidades namentres quede algo impáctante que poder vender con unha boa campaña de marketing, que si se da agardamos que paguen do seu peto e non do peto do pobo , as arcas públicas.

Nos non somos alleos á situación que o turnismo da segunda restauración trouxo , como debilitaron as institucións públicas para na súa debilidade poder enriquecerse , nesas actuacións xa non de casta mais ben de praga que arrasa con todo por alí por onde pasa e que nos trouxo a esta situación que eles chaman de crise pero que todos sabemos que é de roubo xeneralizado .Compartimos con moita da veciñanza a impresión de que as autorizacións das institucións ; concello, xunta , estado central ,UE non son garantía de nada senón todo o contrario posto que coa pasividade da Xunta e do Concello e con autorizacións parciais e fraudulentas téñense realizado actuacións que cando non son ilegais son frívolas ou completamente innecesarias .

Advertisements