NOVAS SOBRE AS POZAS TERMAIS DE CALDAS DE REIS

ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA, quere reiterar a súa denuncia no que atinxe ás pozas termais de Caldas de Reis por mor do malgasto económico que isto ocasiona, xa que en realidade nin son pozas termais nin mineromedicinais, realmente son unha fraude.

En realidade estamos, cunha nova denominacion de COMPLEXO TERMAL NA TAFONA ante a pretensión de construír un conxunto de piscinas circulares de auga residual filtrada ou áuga da traída quentada. A contratación, á calada, de asesoramento para o complexo termal vén de confirmar unha vez mais as ansias privatizadoras do señor alcalde de Caldas de Reis. Ademais, a pesar de que non último pleno dixo ter todas as autorizacións necesarias non é certo, porque no expediente de contratación recoñece que necesita a autorización da Xunta.

Image

Anova ten presentado un recurso de alzada contra a autorización de Augas de Galicia e contra a autorización de Patrimonio baseadas nas afeccións a elementos do patrimonio cultural (fonte da burga e lavadoiro), a inundabilidade e o caracter fraudulento das anunciadas como pozas termais; dando traslado dos recursos á Deputación Provincial.

Anova quere insistir unha outra vez na cordura da proposta que o alcalde ten emitido consistente na realización dun estudo hidroxeolóxico integral.

A falta de viabilidade do proxecto recoñécea o mesmo alcalde  na súa resolución incluída no expediente de contratación porque estamos perante un servizo que xa non é competencia propia do Concello; depende da autorización da Xunta e estaríamos logo así ante a pretensión de duplicar un servizo de piscinas de difícil xustificación, cando temos xa unha piscina municipal privatizada cun déficit anual subvencionado polo Concello de 53.000 euros, polo que o importe de 11.148 euros dun novo contrato é un malgasto máis e un insulto para as familias e veciños en situación de necesidade.

Advertisements