COLOCACION DE MODULOS PREFABRICADOS EN ZONA ANEGABLE DO RIO UMIA

Augas de Galicia concedeu autorización para a colocación de dous módulos prefabricados na beira do río Umia en zona anegable por resolución do día 29 de abril de 2014.

Tanto no caso desta autorización como no caso doutras autorizacións recentes de Augas de Galicia xa concedidas (colocación del pasarela no acceso a fervenza de Segade e construcción das pozas na Tafona), ou en tramitación (paseo compactado e muros de peche dende os choróns), como no caso de actuacións ilegais como a instalación da ponte de madeira en Segade e a pasarela da ponte da Ferrería xunto o muíño estase a incumprir a Directiva da Auga e a Directiva 2007/60/CE relativa á Avaliación e á Xestión dos Riscos de Inundación, e ao Real Decreto 903/2010, de 9 de xullo, que a traspón ao ordenamento interno.

Especialmente grave resultan as actuacións que agravaran os efectos acumulativos das riadas sobre a zona urbana da vila de Caldas, e o risco para a poboación pola reducción de zonas de inundación que amortigua a forza das riadas entre a fervenza de Segade e a vila, así como tamén pola creación de obstáculos xusto no entorno da zona urbana da vila de Caldas.

Insistir en que a resolución de Augas de Galicia na condición 6ª pásalle ao concello toda a responsabilidade por danos e perdidas e conservación das obras.

Lembramos o precedente do intento de situar entre o Concello e a Consellería de Medio Ambiente o punto limpo de Caldas nos ano 90 na zona anegable das Corticeiras que só foi impedido pola oposición dalgún colectivo veciñal.

O goberno municipal de Caldas leva décadas discriminado aos deportistas de Caldas cunhas instalacións deportivas indecentes (pavillón e vestiarios) mentres malgastou en antollos inútiles do alcalde e pretende utilizar agora de forma caprichosa unha necesidade por el creada para malgastar noutra alternativa insegura e inviable.

ANOVA aposta por unha nova cultura da auga que pasa entre outros plantexamentos por respectar os ríos e evitar a ocupación de zonas anegables, e nesta liña presentamos recurso de alzada contra a autorización dos módulos, recomendamos ao concello a situar os vestiarios en zona non anegable e levamos a acción reivindicativa política e institucional ao Valedor do Pobo (quen xa admitiu unha queixa neste senso), Parlamento de Galicia (onde xa foi rexistrada unha pregunta pendente de resposta do goberno Galego) e levaremos tamén ao parlamento Europeo a través da Deputada Lidia Senra o tema das actuacións citadas e outras agresións feitas no tramo do río Umia ao seu paso polo territorio de Caldas.

Caldas de Reis a 5 de xullo de 2014

Advertisements

NA DEFENSA DE PORTOAMEIXEIRAS, NA DEFENSA DO PATRIMONIO

ANOVA personouse no expediente tramitado por Augas de Galicia para a reconstrucción da ponte de portoameixeiras situada sobre o río Chain, na parroquia de Arcos da Condesa, e que leva meses pechada ao tráfico rodado.

A memoria inicial presentada polo Concello de Caldas coa única sinatura do alcalde ante Augas de Galicia propoñía a súa demolición e substición por unha ponte de formigón. Foi a raíz do requirimento de Augas de Galicia sobre aportación de documentación que o Concello mudou a proposta de demolición pola de reconstrucción.
Augas de Galicia entre outros extremos esixía cálculos hidráulicos e cálculos de resistencia.
O concello envía unha nova memoria de data abril de 2014, esta si asinada por unha Enxeñeira, que recoñece unha antiguedade da ponte de finais do seculo XIX e un valor histórico de gran importancia.
A memoria da enxeñeira trasmítenos a razón pola que de momento a ponte se libra da demolición, “a imposibilidade económica por parte do Concello de afrontar os custos que suporía a realización dunha nova ponte é debido á urxencia de voltar a abrir o paso…”

Ante a meaza encuberta que supón o feito de falta de presuposto para demoler a ponte polo Concello de Caldas ANOVA pediu a intervención de Patrimonio para evitar a desaparición dunha ponte tradicional que constitúe un elemento máis do patrimonio cultural situada no entorno do camiño portugués e para evitar que corra a mesma sorte que a singular casa do quinteiro demolida no ano 2007 a pesares da súa inclusión no catalogo do Plan Xeral daquela redactado.

Dende a nova agardamos o resultado da autorización de Augas de Galicia e a inclusión da ponte de Portoameixeiras no catálogo do patrimonio do Plan Xeral en tramitación.

Caldas de Reis a 4 de xullo de 2014