COLOCACION DE MODULOS PREFABRICADOS EN ZONA ANEGABLE DO RIO UMIA

Augas de Galicia concedeu autorización para a colocación de dous módulos prefabricados na beira do río Umia en zona anegable por resolución do día 29 de abril de 2014.

Tanto no caso desta autorización como no caso doutras autorizacións recentes de Augas de Galicia xa concedidas (colocación del pasarela no acceso a fervenza de Segade e construcción das pozas na Tafona), ou en tramitación (paseo compactado e muros de peche dende os choróns), como no caso de actuacións ilegais como a instalación da ponte de madeira en Segade e a pasarela da ponte da Ferrería xunto o muíño estase a incumprir a Directiva da Auga e a Directiva 2007/60/CE relativa á Avaliación e á Xestión dos Riscos de Inundación, e ao Real Decreto 903/2010, de 9 de xullo, que a traspón ao ordenamento interno.

Especialmente grave resultan as actuacións que agravaran os efectos acumulativos das riadas sobre a zona urbana da vila de Caldas, e o risco para a poboación pola reducción de zonas de inundación que amortigua a forza das riadas entre a fervenza de Segade e a vila, así como tamén pola creación de obstáculos xusto no entorno da zona urbana da vila de Caldas.

Insistir en que a resolución de Augas de Galicia na condición 6ª pásalle ao concello toda a responsabilidade por danos e perdidas e conservación das obras.

Lembramos o precedente do intento de situar entre o Concello e a Consellería de Medio Ambiente o punto limpo de Caldas nos ano 90 na zona anegable das Corticeiras que só foi impedido pola oposición dalgún colectivo veciñal.

O goberno municipal de Caldas leva décadas discriminado aos deportistas de Caldas cunhas instalacións deportivas indecentes (pavillón e vestiarios) mentres malgastou en antollos inútiles do alcalde e pretende utilizar agora de forma caprichosa unha necesidade por el creada para malgastar noutra alternativa insegura e inviable.

ANOVA aposta por unha nova cultura da auga que pasa entre outros plantexamentos por respectar os ríos e evitar a ocupación de zonas anegables, e nesta liña presentamos recurso de alzada contra a autorización dos módulos, recomendamos ao concello a situar os vestiarios en zona non anegable e levamos a acción reivindicativa política e institucional ao Valedor do Pobo (quen xa admitiu unha queixa neste senso), Parlamento de Galicia (onde xa foi rexistrada unha pregunta pendente de resposta do goberno Galego) e levaremos tamén ao parlamento Europeo a través da Deputada Lidia Senra o tema das actuacións citadas e outras agresións feitas no tramo do río Umia ao seu paso polo territorio de Caldas.

Caldas de Reis a 5 de xullo de 2014

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s