SOBRE O MALGASTO NOS PROXECTOS TERMAIS INVIABLES MENTRES TEMOS SEN RESOLVER O PROBLEMA DA CALIDADE DO ABASTECEMENTO.

Logo de máis dun millón e medio de euros gastados, perdidos ou que se teñen previsto gastar co proxecto PROXECTO COMPLEXO TERMOLUDICO E HOTEL NA TAFONA encargado e non executado e coas obras iniciadas do PROXECTO BASICO COMPLEXO TERMAL NA TAFONA. Co intento de intervir na fonte da burga o alcalde de Caldas de Reis recoñece de feito o que tanto a Consellería de Industria como ANOVA UMIA veñen repetindo, que a auga disponible non e auga termal mineromedicinal senón que se trataría de auga residual.

Frente a isto ANOVA UMIA lembra que Caldas ten pendente de resolver o problema do abastecimento de auga potable de calidade para evitar a ameaza que supón a periódica contaminación con microcistina procedente da auga do encoro.

Non temos datos do resultado dos pozos construidos á beira do río Umia nin das posibilidades das captacións no monte como alternativas a captación do río Umia.

O diñeiro malgastado nunhas pretendidas pozas termais, que seguen sendo inviables, mellor empregado iría en completar a captación alternativa de auga á poboación para evitar a ameaza da contaminación con microcistina, mentres non se rescata a concesión hidroelectrica e se fai a demolición do encoro.

Lembrar que o malgasto de 1.586.000 euros no complexo termolúdico e nas pozas ven precedido do malgasto de 24.000.000 de PESETAS no programa THERMAIOS dos anos 90.

Adxúntase cadro desglosado de gastos

150331 gastos termal tafona_Página_1 150331 gastos termal tafona_Página_2

Caldas de Reis a 9 de abril de 2015

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s