A FONTE DA BURGA (CALDAS DE REIS) CONTAMINADA CON RESIDUOS FECAIS.

Con data 11 de febreiro de 2015 denunciouse mediante envío por correo electrónico ante as seguintes institucións:

  • Ánxeles Feijoo Montenegro Fernández. Xefe Territorial da Consellería de Sanidade.
  • Natalia Botana ReyServizo de Control de Riscos Ambientais. Consellería de Sanidade Pontevedra. Correo electrónico: sanidade.ambiental.xtpo@sergas.es.
  • José Julio Fernandez Rodriguez. Valedor do Pobo. Correo electrónico: valedor@valedordopobo.com

…a falta de limpeza e descontaminación do lavadoiro da fonte da Burga de Caldas de Reis, así como o problema de contaminación periódica da fonte da Burga con augas fecais procedentes da rede de sumidoiros municipal, con episodios de contaminación coñecidos pola Consellería de Industria e a Consellería de Sanidade.

Con data 29 de xaneiro de 2015 a Consellería de Industria envía escrito ao Concello de Caldas de Reis requerindo para que no prazo de 15 días adopte medidas para evitar a inundación da fonte da Burga pola auga da rede de sumidoiros municipal.

Con data 30 xaneiro de 2015 a Consellería de Industria envía escrito á Consellería de Sanidade dando traslado de denuncia ante o risco sanitario pola utilización de auga da fonte da Burga.

Con data 23 de febreiro 2015 o Concello de Caldas de Reis, en resposta aos requirimentos de adopción de medidas para resolver o problema da contaminación da fonte da Burga pola auga da rede de sumidoiros municipal envía un proxecto de intervención na fonte da Burgadenominado “PROPOSTA DE ACTUACIÓN PARA A PROTECCIÓN DAS BURGAS TERMAIS DA FONTE DÁ BURGA. CALDAS DE REISPontevedra“, redactado por unha empresa de Granada cidade onde ten a súa sede o Observatorio Nacional do Termalismo e Desenvolvemento Rural, promovido pola Asociación Termalismo de Andalucía, do que é director Xavier Ballbé.

Con este proxecto pretende o alcalde de Caldas de Reis intervir sobre a fonte para dar resposta a un problema de contaminación periódica da fonte da Burga con augas fecais procedentes do desbordamento da rede de sumidoiros municipal. Resulta cando menos sospeitoso que un estudo encargado polo Concello de Caldas de Reis, despois do día 6 de febreiro de 2015 e que ten data de elaboración do 20 de febreiro de 2015 (polo tanto non máis de 15 dias de elaboración) pretenda ser utilizado para defender unha intervención sobre a fonte da burga, con sondaxe incluída, cando estamos ante un elemento catalogado do patrimonio arquitectónico, arqueolóxica e do camiño de Santiago, cando a conclusión do estudo, que no seu apartado 6, se move con incertezas aludindo ao incremento do caudal como probable. Sobre a fonte da Burga existen dereitos históricos e legais públicos, que sempre foron compatibles co aproveitamento balneario privado, e que están definidos con claridade nunha escritura transacional do 7 de setembro de 1928, ante o notario de CaldasAntonio del Río García, protocolo n.º 370, referendada por un acordo municipal.

Temos motivos e antecedentes abundantes para defender que a pretensión do alcalde de Caldas de Reis, de intervir sobre a fonte da Burga, vén dada por razóns doutro tipo. O feito de ter iniciado a construción dun proxecto de pozas termais, PROXECTO BÁSICO COMPLEXO TERMAL A TAFONA, cun presuposto de 700.000 euros que naceron enchidos de ilegalidades, con auga para o seu abastecemento cualificada pola Consellería de Industria, como administración autorizante, de “auga residual que precisará dun filtrado e tratamento químico polo que perderá as súas propiedades mineromedicinales“.

Con data 18 de marzo de 2015 a Consellería de Industriasolicita ao Concello de Caldas de Reis analíticas e medidas concretas deixando aberta a posibilidade de realización dun pozo na fonte da Burga… no que se garanta a non afección ao manancial da fonte pública ou do Balneario Dávila.

Do que se deduce que tanto o Concello coma a Consellería deixan á opinión dun tácnico a profecía da non afección. Tamén resulta preocupante que nin a Consellería de Industria nin o Concello fagan referencia algunha ao caracter da fonte da Burga como elemento do patrimonio arqueolóxico, situada no camiño portugués a Santiago de Compostela, nun contexto de núcleo urbano histórico.

A analítica achegada polo Concello deixa en evidencia que a fonte da Burga está contaminada con coliformes fecais, feito que o Concello coñece polo menos dende o día 08/04/2015 e a Consellería de Industria dende o 10/04/2015, sen que sinalizase nin a Consellería de Sanidade nin ningunha das dúas entidades o feito ata o día 13 de maio de 2015, en que aparece un cartel en papel dando información parcial falseada.

Oculta o cartel o feito de que a fonte está contaminada con fecais, polo que pode seguir sendo utilizable a auga polos numerosos peregrinos que por ela pasan. Da consulta realizada no taboleiro de anuncios do concello e na súa páxina web así como da información solicitada ante a Consellería de Industria descoñecemos se se realizou algunha analitica mais da auga da fonte da burga no ano 2014 e 2015 tendo en conta que a fonte e o labadero resultaron inundados con augas procedentes da rede de sumidoiros municipal polo menos na seguintes datas: 30-11-2014, 3-12-2014, 6-12-2014 e 15-01-2015. Resulta especialmente grave este feito porque se somete á a poboación mais indefensa (recén nacidos e bebés) a unha situación de risco, porque son moitos os pais que diariamente acoden á fonte da Burga a coller auga para bañar recén nacidos e bebés. A limpeza da fonte é unha tarefa de sinxela realización, o balneario lévaa a cabo cada vez que se producen as periódicas inundacións, limpando a parte da surgencia que lle corresponde, que comproba coas analíticas correspondentes. Neste caso ademais da gravidade da contaminación, o Concello pretende utilizar este feito para impoñer unha actuación agresiva de intervención e alteracion da fonte. Sobre esta problemática da intervención en augasde forte mineralización e temperatura elevada, e ante a falta de investigacións e experimentación dos efectos da utilización de produtos químicos en contacto con auga mineromedicinal quente, procede adoptar un criterio de prudencia, tal como concluímos despois de consultar estudos, fabricantes de produtos químicos, opinións de expertos de universidades e o debate dende a Plataforma pola defensa do patrimonio termal de Cuntis, que presentou varios escritos ante a Consellería de Cultura e a Conselleria de Industria, formulando o evidente risco de contaminación da auga e de alteración de elementos do patrimonio histórico. En ningún caso nin a Conselleria de Cultura nin a Consellería de Industria deron resposta ningunha ás cuestións formuladas sobre a preservación da calidade da auga e sobre o mantemento da integridade do patrimonio arqueolóxico. Por outra parte, temos o precedente de que a Conselleria de Industria autorizou un proxecto de intervención na fonte da “burga lume de deus” en Cuntis sen valorar as repercusións dos produtos químicos que se pretenden utilizar e as afeccións á identidade dos elementos patrimoniais.

Constatamos unha descoordinación total entre a administración local e administracións autonómicas con competencias e responsabilidades incapaces de suborgarse no exercicio de competencias cando outra administración incumpre Subyace no escrito anónimo achegado polo Alcalde de Caldas con data 19/04/2015 un intento desesperado por conseguir auga para abastecer unhas pozas que pretende sexan termais e para as que ata o momento só conta con autorización para uso de auga residual tratada, porque resulta increible o intrusismo que se pretende facer con dúas páxinas de propostas de intervención sobre as que nin a Consellería de Industria nin a Conselleria de Cultura se pronuncian. Esta en cuestión o incumprimento e vulneración de normativa sobre Augas mineromedicinales, normativa autonómica e estatal sobre patrimonio cultural, normativa autonómica, estatal e internacinal sobre o patrimonio do camiño de Santiago, convenios internacionais en materia de patrimonio arqueolóxico.

Sinalar que dende a última inundación e contaminación da fonte da Burga e o lavadoiro con auga procedente da rede de sumidoiros, que tivo lugar o día 15/01/2015, non conseguimos que se limpase o ámbito do lavadoiro termal ata o mes de maio, e despois de acudir á Consellería de IndustriaConsellería de Sanidade e formulando queixa ante o Valedor do Pobo. 9.- Denunciamos de forma expresa o que consideramos unha ameaza grave e real para a calidade da auga termal e para a integridade dun elemento do patrimonio cultural e pedimos a intervención de administracións e organismos internacionais:

  • UNESCO-UNICEF
  • MINISTERIO DE CULTURA. Goberno de España
  • MINISTERIO DE SANIDADE. Goberno de España
  • GOBERNO DE PORTUGAL
  • PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
  • DEFENSOR DEL PUEBLO
  • VALEDOR DO POBO

Poñemos en evidencia que existe vulneración de dereitos, como é o dereito á información, á saúde, indefensión e podería haber utilización de cargo e funcións públicas con incumprimento da legalidade vixente Hacemos constar que a actuación do Concello e as administracións competentes está a causar un dano á sensibilidade das persoas, á calidade de vida e os valores vinculados á hospitalidade e ao camiño, e pode producir un prexuízo económico ás actividades económicas do pobo en especial hostalaría e comercio. Denunciamos de forma expresa a contaminación da fonte da Burga e a falta da dilixencia máis elemental na adopción de medidas polo Concello, a Consellería de Sanidade e a Consellería de Industria. Solicitamos a intervención, tutela ou subrogación doutras administracións e organismos, como o Ministerio de Industria e o Ministerio de Sanidade do Goberno de España e pedimos a intervención dos organismos citados para velar polos dereitos cidadáns, a calidade da auga e a integridade do patrimonio formado polo camiño portugues, a fonte da burga, o labadero e os recursos do patrimonio arqueolóxico e arquitectónico do casco histórico da vila de Caldas.

Solicitamos a intervención de gobernos e organismos internacionais por entender existe vulneración de normativa europea de aplicación directa e convenios internacionais que afectan á calidade da auga, á calidade de vida de veciños e cidadáns que como turistas e peregrinos nos visitan, ao dereito á hospitalidade e á integridade do patrimonio arqueolóxico e histórico. Advertimos da ameaza que existe de alteración de elementos do patrimonio arqueologico termal da vila de Cuntis, fonte da burga “lume de deus” e fonte da burga na vila de Caldas de Reis por iniciativas privadas nun caso e por iniciativas de autoridades no outro. Consideramos a necesaria intervención de organizacións defensores dos dereitos da poboación infantil por permitir a utilización de auga contaminada para o baño de recien nacidos e bebes nun pais que se considera europeo e desenvolvido e non ofrece garantias na xestión do control e calidade da auga.

07 150318 reiteracion requirimento Industria a concello_Página_1 07 150318 reiteracion requirimento Industria a concello_Página_2 08 150410 resposta a industria con analitica_Página_1 08 150410 resposta a industria con analitica_Página_2 08 150410 resposta a industria con analitica_Página_3 08 150410 resposta a industria con analitica_Página_4

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s