Estudio económico-financieiro sobre a explotación do Complexo Termal da Tafona.

Cabe cuestionar a validez do estudio en si e no seu punto de partida que resulta falseado por omitir datos esenciais que afectan o contido sobre a pretendida naturaza termal e mineromedicinal da auga do proxecto

En entrevista de ANOVA co director do proxecto constatouse que o concello non lle facilitou o texto das resolucións da Conselleria de Industria nas que se descarta o carácter termal e mineromedicinal da auga que se propón para o seu uso. Copia de dita resolución foille entregado o Director do Estudio por ANOVA tratando de evitar o falseamento dun estudio financiado con fondos públicos.

A pesares diso non se tivo en conta polo concello nin polo director do estudio a realidade senon que comprobamos como os enquisadores que levaron a cabo as entrevistas telefónicas tampouco foron informados sobre a realidade pois no diálogo cos enquisados partían do susposto de auga termal e mineromedicinal como a das pozas termais de Ourense.

Neste senso cabe citar que a resolución autorizatoria da Conselleria de Industria de data 12-01-2015 que reproduce contidos de resolucións anteriores o encargo do estudio deixa claro que “entendese que a auga a utilizar para o uso de piscina terá a mesma procedencia que recollen os dous proxectos anteriormente resoltos, é dicir “auga residual da fonte pública da burga”, polo que non se trata de auga mineromedicinal nin termal a utilizar coma un aproveitamento de recursos da seccion B da Lei de Minas

Cuestiona tamén a Consellería de Industria a utilización do termino complexo termal “Respecto á denominación de “complejo termal” que se utiliza na memoria presentada polo Concello de Caldas procedería un cambio na denominación das instalacións sobre o calificativo “termal” para non producir confusións ou erro”

O prego de contratación publicado na páxina web do concello presenta unha indefinición do obxeto do contrato que deixaría a discrecionalidade da empresa adxudicataria e do interlocutor do concello o contido do estudio. Estamos pois ante un estudio falseado no seu punto de partida que invalida grande parte das suas conlusións

Parte do estudio transcribe normativa sobre rexime local e sobre piscinas si ben cita o Decreto autonómico 103/2005 de 6 de maio, cando dende decembro de 2013 e de aplicación o RD 742/2013 de 27 de setembro. Si ben e certo que o citado RD no seu art. 3 exclue da sua aplicación os vasos termais ou mineromedicinais, non estaríamos neste suposto de exclusión xa que a autorización de Industria deixa claro que non estamos no caso de auga termal ou mineromedicinal senon auga residual tratada.

As conclusións do estudio (páxinas 166-172) no que se refire o concepto de termalismo e auga termal mineromedicinal están pragadas de imprecisións de conceptos e de falseamento da realidade con un forzado intento de xustificación baseado en comparación con outras instalacións que nada teñen que ver

Nos apartados 5 e 6 da páxina 167 aludese o carácter termo medicinal como característica mais específica e a balnearioterapia como método curativo polo efecto da acción das augas minero-medicinais ou termais”

E nos apartados 5 e 6 da páxina 169 insiste na calidade da auga termal ignorando e ocultando os terminos das autorización da Conselleria de Industria que sempre diexou claro que a auga proposta polo concello no proxecto tratase de auga residual suxeita a tratamento quimico polo que perde as propiedades mineromedicinais.

A falta de fiabilidade do estudio e mais do proxecto vese confirmada pola pretensión do concello de intervir sobre a fonte da burga para conseguir auga termal co proxecto constructivo iniciado.

Co pretexto de respostar o requirimento de medidas para resolver o problema de contaminación da fonte da burga presenta o concello ante a Conselleria de industria con data 23/02/20125 un proxecto que ben a confirmar que o concello mentiu cando falaba de que dispoñia de auga mineromedicinal termal

A contestación da Conselleria de Industria o concello de Caldas de data 18/03/2015 na que se manten a necesidade de coidado da fonte frente a pretensión do concello de intervir sobre a mesma

O concello insistirá con un novo escrito de data 10/04/2015 na pretensión de intervención sobre a fonte sin concretar a solución do problema de contaminación a pesar de acompañar analitica con resultado de contaminación con coliformes fecais.

A pesares das tentativas de presión do concello a Conselleria de Industria, soio se autorizan actuacions para a limpeza do manantial da fonte da burga por dita consellería con data 15/05/2015 e pola Consellería de Cultura con data 18/05/2015

Fronte a negativa do alcalde a facilitar copia do estudio a pesares da admisión da queixa polo Valedor do Pobo por tal negativa e a pesares da falla de publicidade do seu contido por todos os partidos con presencia na corporación, ANOVA acollendose o previsto na Lei de transparencia e en concreto o art. 37 reconoce e derecho de acceso a la información publica, el art. 13 que considera información publica los documentos..que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das suas funcións e que de conformidade co art. 8 da lei de transparencia sobre estos asuntos (contratos, convenios, subvenciones y presupuestos) existe un deber específico de divulgación sendo o contido do estudio esencial para coñocer a pretendida viabilidade e sostibilidade do servicio de nueva creación que se pretende establecer.

Entendemos que non existen limites a publicidade do art 14 de la lei de transparencia e tendo en conta o art. 63 do Regulamento de Servizos do ano 1955, declarado vixente pola disposición derogatoria 1.f do RD 1098/2001 no que non se opoña o mesmo, prevé un tramite de información pública dos proxectos e memorias de implantación dun servizo público

Entende ANOAVA que o coste do proxecto en ninguna caso debe ser asumido polos veciños con cargo o orzamento municipal senon polo bolsillo do alcalde, o seu equipo de gobernó ou o PSOE como partido que o sustenta.

No exercicio da democracia participativa e da transparencia ANOVA pon o estudio a disposición dos veciños e cidadáns no seu blog anovaumia.wordpress.com, facebook.com/anovaumia, seguindo os criterios do Defensor del Pueblo establecidos en diferentes informes emitidos en relacion con expedientes do concello de Caldas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s