Nós

Anova constituíse definitivamente na comarca do Umia o pasado sábado 12 de xaneiro nunha asemblea aberta celebrada na Casa da Cultura de Cuntis. A asemblea aprobou un modelo organizativo interno que reflexa unha horizontalidade plena, reducindo os cargos e as responsabilidades aos mínimos imprescindibles para o funcionamento ordinario: elixíronse as areas de organización, comunicación e finanzas.

Os e as asistentes coincidimos en entender Anova como un instrumento ao servizo da cidadanía e na defensa das condicións de vida que están en risco ante a ofensiva da dereita española e dos poderes financeiros europeos. Do mesmo xeito, a Asemblea Comarcal do Umia quixo acentuar a necesidade de que a nosa forza política se siga construíndo sometida ás decisións das súas bases e respectando as vontades destas.

No relativo ao ámbito local e comarcal, Anova terá un funcionamento mediante asembleas e actos abertos coa vontade de sumar, informar e traballar nos problemas e riscos dos veciños e veciñas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s