O encoro do Umia

O Encoro do Umia, ademais de ser foco de polémicas e mailo problema medioambiental máis grave da nosa comarca, adquiriu relevancia nacional cara a finais da década dos 90, en plena efervescencia do fraguismo. Foi un esmagamento dos parámetros democráticos a escala local que xa empregou as habituais ferramentas destes casos: manipulación mediática, represión policial, etc. Ese protagonismo recuperouno vai agora para sete anos, cando se descubriu que a auga encorada do río Umia está absolutamente contaminada. En anos sucesivos, coincidindo co remate do verán, esa auga tórnase verde e a atención mediática medra ao mesmo ritmo que a indignación dos veciños e veciñas das súas beiras. Por se isto fose pouco, o desfalco de fondos públicos por medio dun Plan Umia pantasma resulta insultante en tempos de austeridade diabólica.

Pola rede hai diversos sitios que teñen recollida a historia con certa precisión. Nesta ligazón podemos acceder a unha cronoloxía dende o ano 1978 ata os nosos días: http://wp.me/P1NuYX-5X

Existe tamén encoroumia.es, con completa información dos comezos da loita de oposición veciñal.

En Facebook atopamos Pola rexeneración do Encoro do Umia.

Velaquí distintos videos e entrevistas para entender máis desta infamia:

Concentración de microcistina no ano 2011. Esta é unha imaxe que se repita cada verán dende o de 2006

O tratamento de corteza de eucalipto tivo un custe de 344.00 euros

Programa Radio Cerna, de ADEGA, adicado á contaminación da auga encorada

http://www.ivoox.com/a-solucion-a-contaminacion-do-encoro-do-umia_md_382443_1.mp3″

Radio Cerna, de ADEGA: o título deste programa recorda a indecencia do Goberno Fraga, que construíu o muro da vergoña

http://www.ivoox.com/onde-di-rio-guadiana-debe-dicir-rio-umia_md_384787_1.mp3″

Radio Cerna, de ADEGA, sobre O Plan Umia 2011-2015

http://www.ivoox.com/auga-potabel-e-encoro-da-baxe-caldas_md_747831_1.mp3″

Radio Cerna, de ADEGA, sobre os riscos da contaminación na auga de beber

http://www.ivoox.com/a-cianobacteria-do-umia-riscos-para-a-poboacion_md_836272_1.mp3″

3 thoughts on “O encoro do Umia

  1. Pingback: Deputados de Anova visitarán o Encoro do Umia o vindeiro venres 15 | Anova Umia

  2. Pingback: O Parlamento coñecerá o abandono do encoro do Umia | Anova Umia

  3. Pingback: Rexistrada nos concellos a moción pola demolición do Encoro | Anova Umia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s