O Polígono Industrial da Ran

O Polígono da Ran e a súa situación de ilegalidade é un dos principais problemas que se fan xa duradeiros no municipio de Cuntis. A situación actual de paro e emigración fan desta cuestión algo especialmente sensible, e a parálise das distintas administracións evidencia unha impresentable irresponsabilidade. A seguir facemos un resumo dunha cuestión clave para o desenvolvemento, ademais de para o propio concello, para toda a comarca.

Dende o goberno local os/as concelleiros/as nacionalistas impulsaron a legalización deste polígono conseguindo a aprobación inicial do Plan de Sectorización e a tramitación de todas as alegacións presentadas.

Agora estamos a comprobar a absoluta falta de compromiso do PP, tanto dende o goberno local como dende a Xunta de Galiza, co proxecto máis importante para o desenvolvemento económico e a creación de emprego en Cuntis.

OS FEITOS DO GOBERNO MUNICIPAL

O PSOE gobernaba en minoría o Concello de Cuntis cando o 23 de agosto de 2010 recibiu o plan de sectorización do polígono industrial. Inexplicablemente, non foi presentado ao pleno para a súa aprobación ate un ano despois, o 19 de agosto de 2011.

En marzo de 2012, oito meses despois, os/as concelleiros/as nacionalistas denunciamos no pleno municipal a falta de interese do PP por este proxecto, que continúa pendente de aprobación por parte da Xunta de Galicia, á espera de que os técnicos subsanen as deficiencias atopadas na documentación remitida.

Normalizar a situación legal das empresas instaladas no polígono, dotalas de servizos e crear emprego en Cuntis debería ser un obxectivo prioritario para calquera goberno municipal e os feitos -con máis de 20 meses de paralización- demostran que non o está a ser: nin por parte do PSOE no seu día nin por parte do PP na actualidade.

OS FEITOS DA XUNTA DE GALIZA

Á irresponsabilidade do goberno local hai que engadir o desinterese da Xunta de Galiza por legalizar e desenvolver esta area empresarial.

1.- O PP non destinou nin un só euro nos orzamentos da Xunta de Galicia do 2012 para a realización de actuacións neste parque empresarial. O goberno municipal calou. Só os concelleiros nacionalistas denunciaron esta situación.

2.- En xuño de 2010 a Xunta de Galicia publica as Directrices de ordenación do Territorio (DOT), un documento importante porque representan no espazo físico as decisións políticas nos ámbitos sociais, económicos, culturais e medioambientais no noso pais.
A pesar de existir un convenio asinado entre o Concello de Cuntis e Xestur para o desenvolvemento do polígono industrial da Ran, da demanda real de chan neste polígono e da situación irregular das empresas instaladas no mesmo, o PP presenta unhas DOT nas que Cuntis e o Polígono Industrial da Ran non existen. O PP calou. Os/as concelleiros/as nacionalistas denunciaron esta situación e presentaron alegacións a este documento.

3.- En xaneiro de 2012 a Xunta de Galicia publica o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, un novo documento no que se inclúen as actuacións programadas pola administración autonómica nos parques empresariais do noso pais ate o 2024. No polígono Industrial da Ran o PP non ten previsto investir nin un só euro ate o 2024.

Seguirán as empresas instaladas no polígono perdendo subvencións ate o 2024 ao atoparse nunha situación irregular que lles impide acceder ás liñas de financiamento e axudas das distintas administracións?

Vai seguir a Xunta de Galicia abrindo expedientes sancionadores ás empresas do polígono por realizar verquidos ao río da Cova cando non é quen de comprometer a tan necesaria dotación de servizos ate despois do 2024?

E a urbanización desta area? E a adquisición dos terreos?…

Os feitos indican que así vai ser.
O PP non é quen de mirar polo futuro de Cuntis nin de atender aos intereses e ao futuro do piar económico máis importante deste concello.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s