Últimas novas sobre o aerodromo ilegal de Godos

DSC_0028-re

Queda patente a incompetencia do Ministerio de Fomento e dos organismos del dependentes en relación co funcionamento do ilegal aeródromo de Godos en Caldas de Reis. Os antecedentes sobre o polémico aeródromo remóntanse ó ano 2005 e dende esa data non foi o Ministerio capaz de concretar sobre a a sua viabilidade permitindo a realización de voos de xeito continuado durante todo ese tempo.

Axencia de Seguridade Aérea, ADIF, RENFE foron consentidores dunha ilegalidade permanente que someteu a unha situación de risco os usuarios do tren que discorre en viaduto fronte as pistas do aeródromo, postura irresponsable que atenta contra o sentido común de prevención que debe primar en calquera actividade de risco.

escrito da AESA de data 14-01-2014 polo que se informa da iniciación dun expediente sancionador confirma unha ilegalidade consentida por dita axencia ata finais de 2013 e sigue sin aclarar a viabilidade do proxecto coa tramitación paralizada no Ministerio de Médio Ambiente dende 16 de abril de 2012 data na que o os promotores presentaron en Madrid a solicitude e o proxecto para a sua tramitación.

O posicionamento da Deputación Provincial de Pontevedra coa execución de obras das pistas e a concesión de licencias ilegais pólo concello de Caldas , como queda patente na anterior ligazón onde se recoñece que existen informes desfavorables dos tecnicos municipais, completa un escenario no que se somete a veciños, viaxeiros do tren e cidadáns en xeral a unha situación de indefensión e fáiselle un fraco favor ós empresarios os que animan a investir nun proxecto hoxe por hoxe inviable, nun contexto de recortes de fondos e medios para iniciativas empresariais necesarias e viables.

Consideramos inxustificable a contestación de ADIF ante a preocupación dos usuarios do tren polo dereito a viaxar sin riscos engadidos por actividades de risco ilegais sobre o trazado do tren e máis cando segundo Información facilitada por el Subdirector de Organizaciones Noroeste de ADIF a altura do viaduto é a seguinte:la altura máxima de la rasante de la vía sobre la del terreno es de 9,09m.  Para conocer la cota superior sobre el terreno de las instalaciones ferroviarias es necesario sumar la altura de los postes de electrificación,siendo la altura máxima la correspondiente a 8,50m”. o que da una altura total de 17,59 metros

planos viaducto_0001planos viaducto_0002

 

 

 

planos viaducto_0003

 

Caldas de Reis a 22 de xaneiro de 2014

Deixar un comentario